Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Imaxe Corporativa
Voltar
ASOCIACION MICOLÓXICA NATURALISTA “LIBOREIRO”
[Cultura]
[Rúa Castelao, 17 1º 36930 Bueu]
Foto de grupo da asociación
A Asociación ten como obxectivo a divulgación do coñecemento da Micoloxía, principalmente das especies galegas de fungos, así como de outros temas de interese xeral relacionados coa conservación dos recursos naturais e da biodiversidade.
A Asociación Micolóxica Naturalista “Liboreiro” de Bueu é unha organización sen ánimo de lucro que naceu co obxectivo de profundizar no coñecemento dos fungos e da divulgación dese coñecemento a todas aquelas persoas da nosa comarca interesadas no tema.

Ao longo dos anos véñense facendo actividades como As Xornadas Micolóxicas de outono e primavera, Romaría Micolóxica, saídas ao monte, identificación de especies, etc.

Hoxe en día a actividade limítase á organización das Xornadas Micolóxicas de outono e algunhas saídas ao monte.

De todos os xeitos, a nosa intención é a de xuntar un bo grupo de xente interesada e retomar este tema para poder voltar á dinámica do pasado e ter unha actividade máis ampla ao longo do ano.

Por outro lado, tamén cabe destacar que os nosos obxectivos non só se encadran no mundo da micoloxía, xa que estamos interesados tamén en outros temas relacionados coa natureza, coas súas especies, e cos seus ecosistemas.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029