Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Clubes Deportivos
Voltar
Amigos das Embarcacións Tradicionais “Os Galos”
[Cultura]
[Montero Rios, 31 1º 36930 Bueu]
O bote polbeiro As Lagoas é o referente da asociación
TELÉFONO: 637 237 834
A asociación leva más de dez anos traballando na recuperación e posta en valor das embarcacións tradicionais neste municipio. Na actualidade contamos con máis de media ducia de embarcacións tradicionais en activo cuxo estandarte é o bote polbeiro de Bueu.
A Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais “Os Galos”, fúndase en Bueu no ano 2000, co obxectivo de promover, difundir e valorar o patrimonio marítimo e cultural, así como conservar e recuperar as embarcacións tradicionais da zona.

A nosa asociación ven facendo unha interesante labor de revalorización da cultura marítima tradicional, desandando o camiño de destrución e desmemoria que se estaba a producir nos últimos anos para recobrar protagonismo e vida nos nosos portos, tanto no referente ás embarcacións tradicionais como a toda manifestación que esa cultura mariñeira leva implícita.

Froito deste esforzo e con algunhas axudas da administración e empresas colaboradoras, a asociación conta con un bo número de embarcacións dispoñibles para navegar: o bote polbeiro “As Lagoas”, o bote polbeiro grande ou xeiteiro “Os Galos”, as dornas “Banda do Río” e “Can do Penedo”, a traíña “Pescadoira”, eta.
Os botes polbeiros son as embarcacións distintivas do pobo de Bueu, neste senso cabe destacar que a nosa asociación conta con dous dos escasísimos botes polbeiros que quedan en activo en Galicia.

A asociacion conta con preto de 100 asociados, varios colaboradores activos, e cunha boa disposición do pobo de Bueu as diversas actividades culturais e de lecer organizadas pola Asociación, así o mostra o acto de Homenaxe ó profesor D. Staffan Mörling, realizado en Bueu, o 19 de xaneiro de 2007, onde o Concello o nomeou “fillo adoptivo”.

Na actualidade, un dos principales obxectivos da asociación a recuperación e rehabilitación do vello estaleiro de Purro; última carpintería de ribeira da Ría de Pontevedra e lugar que forma parte da historia viva do noso pobo xa que foi nel onde de construíron (e se constúen), entre outras moitas, as embarcacións tradicionais.

A continuación enumeramos algunhas das actividades a realizadas pola asociación nos últimos anos:

• ACTIVIDADE: - Participación no encontro internacional “Brest 2008”
• ACTIVIDADE - Colaboración coa actividade da Xunta de Galicia “Singraduras do Mar. Anos 2006, 2007 e 2009
• ACTIVIDADE - Elaboración da Revista anual da Asociación “Os Galos”
• ACTIVIDADE – “X Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia” ( En colaboración coa deputación de Pontevedra)
• ACTIVIDADE - Realización dos Encontros anuais de Embarcacións Tradicionais de Bueu (13 edicións)
Construción da traiña Pescadoira no estaleiro de Purro
Construción da traiña Pescadoira no estaleiro de Purro
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029