Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Información do Departamento de Deportes
Persoa de Contacto
Pablo Herbello
Enderezo
Rúa de Pazos Fontenla, 29 - 2º 36930 Bueu
Teléfono
986 324 338
Fax
986 324 339
Unidade de concellos Saudables

- Pablo Herbello Novas (Técnico deportivo e coordinador da Unidade)
- Débora Pérez Villanueva (Técnica Superior en Dietética e Nutrición): dietista@concellodebueu.org

Monitores deportivos: Pablo Rios Iglesias e Juan Manuel Rodrígez Martínez
Proxecto concellos saudables: “Bueu un paso + cara a Saúde”

Os estilos de vida da sociedade actual favoreceron un aumento na prevalencia de certas enfermidades crónicas con consecuencias socio sanitarias e económicas sobre a saúde e a calidade de vida tanto a curto, medio como a longo prazo.

Para dar resposta ás recomendacións de acción dos diferentes organismos internacionais e nacionais que supuxeron unha chamada inaprazable á acción, a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) elaborou un programa estratéxico desde os distintos ámbitos implicando a todos os sectores sociais con intervencións de base dirixidas á comunidade

O proxecto axústase aos obxectivos establecidos polo Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación (PASEA) e proporciona estratexias e pautas dirixidas ás corporacións locais galegas que desexen adherirse para actuar favorablemente sobre a saúde da poboación

O programa PASEA é o marco do proxecto Concellos Saudables.

O proxecto Concellos Saudables conta con tres piares fundamentais: alimentación saudable, actividade física e vida sen tabaco

O obxectivo xeral do proxecto é conseguir unha mellora real da saúde dos veciños do municipio e aumentar as súas posibilidades futuras a curto, medio e longo prazo de desenvolvemento e calidade de vida, é dicir, dotar á cidadanía das ferramentas e os coñecementos necesarios para practicar unha vida máis saudable física e mentalmente.

Páxina web de interese:
www.concellossaudables.com
ENLACES
Inicio
O tempo
Galería de fotos
Perfil do contratante
Folla municipal
Eventos en Bueu
Praias
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Fundación Novas
Rede de DinamizaciónXunta de Galicia - Consellería de Economía e IndustriaGobierno de España - Ministerio de Industria, Trabajo y ComercioUnión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo RegionalPlan Avanza
© Concello de Bueu 2008. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029
Deseñada e desenvolta por Elecma