Os Servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do municipio, trabállase con especial incidencia naquelas persoas ou colectivos que, por calquera circunstancia, están en situación de desvantaxe social.
Días de atención o público: Lúns- Mércores e Venres
Horario de atención: 9:00 a 14:00 h.

FUNCIÓNS:
a. O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
b. A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
c. A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
d. A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
e. A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
f. A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
g. A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
h. O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
i. As funcións dos servizos sociais comunitarios básicos previstas na alínea anterior desenvolveranse regulamentariamente
EQUIPO PROFESIONAL
Os programas e proxectos do departamento Municipal de Benestar Social son desenvolvidos por un equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito social integrado por duas traballadoras sociais, unha educadora familiar e unha auxiliar administrativa.
Este equipo profesional realiza a atención os cidadáns, facilitando o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diferentes áreas de actuación:
- Inclusión social
- Discapacidades
- Voluntariado
- Migracións
- Drogodependencias
- Dependencia
- Familia, infancia e mocidade
- Mulleres
- Maiores
- Comunidade
