Dende o CIM facilitamos un asesoramento profesional de avogada e psicóloga ás mulleres.
- Horario de Atención ao público : de luns a venres, de 8.00 h. ás 14.30 h.
- Consulta psicolóxica : xoves de 17.30 ás 20.30 h. e venres de 9.30h. ás 12.30 h.
Ademais do asesoramento, realizamos unha serie de actividades fixas anuais, que son:
1. Celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres: Declaración institucional, Gala da Igualdade, Certame de Viñeta e Ilustración.
2. Certame de Relatos de Muller, Matilde Bares: convocatoria anual co gallo do 8 de marzo.
3. Celebración do 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia contra ás Mulleres: Declaración institucional, Certame do Cartel da Eliminación da Violencia de Xénero.