Museo Massó
[Turismo]
[Rúa de Montero Ríos, s/n - Bueu]
HORARIO: Martes a sábado de 10:00 a 20:00 · Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 · Pechado os luns
PREZO: Gratuíto
TELÉFONO: 986 321 838
FAX: 986 321 838


A sede do Museo e un antigo edificio que formaba parte da factoría de conserva de peixe Massó. Ten a seu orixe na colección destes empresarios que, dende 1932, se mostra ao público como Museo Marítimo. O actual museo, dependente da Xunta de Galicia, inaugurase en 2002.
Presenta unha exposición permanente relacionada co mar como fonte de recursos económicos: desde obxectos procedentes das antigas fábricas de salga e de conservas, ata outros vinculados coa actividade pesqueira, como a carpintería de ribeira, as artes de pesca ou a caza da balea.
O museo tamén dispón dunha valiosa colección bibliográfica, de calidade excepcional, na que os incunables merecen especial atención. Completa a exposición unha sección dedicada a navegación cunha interesante colección de instrumentos náuticos e maquetas de embarcacións históricas.
SERVIZOS
Actividades organizadas para grupos de escolares.
Visita guiada para grupos con cita previa
ENLACES
GALERÍAS