Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE A INSCRICIÓN PARA AS XIMNASIAS E PILATES
[Deportes]
[Do Venres, 01 de Setembro do 2017 ao Venres, 15 de Setembro do 2017]
O período de inscrición abrangue do 1 ao 15 de setembro // As persoas xa admitidas en Pilates, deberán entregar o xustificante de pagamento nesta primeira quincena
A concellaría de deportes de Bueu abre o prazo de inscrición para participar no programa de actividades deportivas organizadas para fomentar a saúde en todas as idades. Ata o 15 de setembro poderán inscribirse as persoas que queiran recibir clases tanto de Pilates como de ximnasia recollendo a folla de inscrición no servizo de deportes. Así mesmo, dende o servizo de deportes destacan que as persoas xa inscritas do pasado curso na actividade de Pilates deben acudir á Oficina de Recadación Tributaria para facer o pagamento da actividade, debendo entregar en deportes o xustificante antes do 15 de setembro.
As actividades darán comezo o 2 de outubro e desenvolveranse ata o 28 de xuño do 2018.

Programa Bueu Concello Saudable
O programa Bueu Concello Saudable foi posto en marcha no ano 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a mellora de hábitos de vida saudables, entre toda a poboación, aínda que cunha especial incidencia nos maiores e embarazadas.
Ao longo deste tempo, as actividades que se levan impartindo son ximnasia para maiores, ximnasia para adultos Pilates, Prenatal, ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e para as de mobilidade reducida, matroximnasia e psicomotricidade, que se desenvolven en diversos espazos municipais.

ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029