Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O CONCELLO DE BUEU CONVOCA OS PREMIOS JOHÁN CARBALLEIRA DE POESÍA E XORNALISMO
[Cultura]
[Do Luns, 04 de Setembro do 2017 ao Luns, 04 de Setembro do 2017]
Johán Carballeira
Johán Carballeira
O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 16 de xaneiro en ambas categorías
O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 16 de xaneiro do vindeiro ano.
Todas as persoas que desexen participar poderán enviar por correo ordinario ou electrónico as súas obras escritas en galego. Ambos premios están dotados con 1500 euros, e no caso do de poesía, o Concello publicará coma todos os anos o poemario gañador da man da Editorial Xerais. O fallo do xurado cos gañadores darase a coñecer publicamente nun acto organizado con motivo das Letras Galegas.
Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista buenense, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, e tivo como gañadores na pasada edición a María Reimóndez co poemario “Galicia en bus”, e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en dúas mulleres: María Obelleiro, pola reportaxe “O apartheid sanitario na Galiza” e Montse Dopico polo traballo “Galaxia vs Galaxia. A construción da hexemonía cultural”.
Con moita historia
O certame Johán Carballeira conta xa con moita historia e teñen galardoado na categoría de xornalismo a Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias ou Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, entre outros; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo…

ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029