IV TRAVESÍA A NADO CABO UDRA - PRAIA DE PESCADOIRA
[Deportes]
[Do Venres, 20 de Abril do 2012 ao Venres, 20 de Abril do 2012]





IV TRAVESÍA A NADO CABO UDRA - PRAIA DE PESCADOIRA
"POLA REXENERACIÓN E CONSOLIDACIÓN DA PRAIA DE PESCADOIRA"
Data: Sábado 14 de xullo do 2012.
Punto de encontro no Centro Social do Mar de Bueu ás 9:00 h
Categoría:Absoluta (Masculina/Feminina)
As inscricións poderán facerse cun custe de 5 € a partires da súa publicación na web do concello e ata o día 9 de xullo acudindo persoalmente nas oficinas informativas da Concellería de deportes do concello de Bueu ou ben na dirección deporte@concellodebueu.org
O formulario de inscrición pódese baixar da páxina web do concello www.concellodebueu.org
O pagamento de 5 € farase no seguinte número de conta: 2080 0533 00 3040005232 Novacaixagalicia e co seguinte concepto: IV Travesía a nado Cabo Udra – praia de Pescadoira
O xustificante do ingreso da cota de inscrición deberase enviar por mail a deporte@concellodebueu.org
Nas inscricións figurarán o nome e apelidos, data de nacemento, nº do D.N.I. e teléfono de contacto, correo electrónico, distancia e tempo aproximado.
O numero máximo de participación será de 150, sendo a idade mínima de 16 anos cumpridos.
As saídas terán lugar , dende as seguintes praias dependendo do percorrido elixido polo nadad@r:
Da praia de Ancoradouro Ás 10.00 horas. Percorrido 7500 mts
Da praia de Mourisca . Percorrido de 4430 mts
Da Praia de Beluso. Percorrido 1690 mts
Chegada/meta será na Praia de Pescadoira.
Organiza: Club Triatlón Morrazo e Concellería de Deportes
Colabora: Protección Civil, Club Nordes Kayak e Asociación Galega de Kaiak de Mar


ENLACES