PROGRAMA “BENESTAR EN BALNEARIOS 2012”
[Benestar Social]
[Do Luns, 23 de Abril do 2012 ao Venres, 11 de Maio do 2012]
O prazo para solicitar os balnearios na modalidade de todo incluído está aberto ata o día 11 de maio de 2012.



Os requisitos dos beneficiarios son os seguintes:
1. Ser maior de 65 anos, o de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.
4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
5. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
6. Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de cualquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.
7. Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.
Para máis información ou para recoller as solicitudes poderán facerlo no departamento de Benestar Social no Concello de Bueu, ou no teléfono 986 39 00 29 ext. 8


ENLACES