Axudas a mozas e mozos para a obtención do permiso de condución clase B
[Benestar Social]
[Do Martes, 15 de Maio do 2012 ao Sábado, 01 de Setembro do 2012]


Obxecto:
Facilitar axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
Requisitos dos/das solicitantes:
Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:
a. Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
c. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
d. Teñan a súa residencia en Galicia.
e. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.
f. Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2,5 veces o IPREM para o 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar,tal e como se indica na Orde de 4 de maio de 2012.
As persoas beneficiarias quedarán obrigadas a:
a. Asistir ao curso de educación viaria gratuíto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e superalo con éxito.
b. Obter o permiso de condución clase B entre o 1 de xaneiro de 2012 e antes do 15 de outubro de 2012 como requisito previo á percepción da axuda.
Contía da axuda.
O importe da axuda será de 200 € por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.
Lugar de presentación
• Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
• Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
• Por vía electrónica: na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es,
Prazo
Ata o día 1 de setembro de 2012 (agás que se esgote antes o crédito orzamentario dispoñible).


