RESOLUCIÓN DO PREMIO DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA
[Cultura]
[Sábado, 05 de Maio do 2012]
Marta Lemos gaña a IX Edición do premio de Xornalismo Johán Carballeira de Bueu
O xurado do IX PREMIO DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA, constituído polos membros abaixo asinantes, reuniuse nesta data para resolver o dito premio, actuando como presidente Manuel Antón Mosteiro García, en representación da Asociación Amigos de Johán Carballeira, secretario e en representación do Concello de Bueu Xabier Framil Barreiro e como vogais Moncho Paz e Elena Gallego.
Tralo pertinente debate resultou gañador por unanimidade o traballo:
A HISTORIA DE ONS A TRAVÉS DE JOHÁN CARBALLEIRA de MARTA LEMOS JORGE, publicado no diario FARO DE VIGO o 2/10/2011
Xustificación da resolución:
Valorouse que se trate dunha reportaxe, xénero periodístico no que destacou Johán Carballeira, en na que enlaza a situación actual dos colonos da Illa de Ons coa súa historia tal e como a recolleu o propio Johán Carballeira na súa obra.