Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Proxecto de Cualificación Urbana
PROXECTO CUALIFICACIÓN URBAN

O proxecto de cualificación urban nace dunha premisa clara: a cualificación ou mellora dos espazos que configuran a malla urbana coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños.
Partindo da escasa urbanización ou deseño que tiñan os espazos e rúas do noso concello, mala iluminación, sinalización, falta de accesibilidade, espazos invadidos polos coches en detrimento dunhas beirarrúas de suficiente sección, falta de criterio ou unidade proxectual na elección dos materiais, falta de arboredo e vexetación.

O proxecto pretende ser o marco axeitado para a relación veciñal, o fomento do comercio aberto, ao mesmo tempo que mellora a percepción visual das nosas rúas, ofrecendo unha imaxe única e rematada.
A mellora dos pavimentos (bordos de granito e lastro de distintos materiais), da iluminación con farois e farolas de aceiro inox, a introdución de diversas especies arbóreas, a reordenación do tráfico, permite ter unha percepción única e rematada dos espazos, rematando coa imaxe inacabada, sucia, precaria que ofrecían as nosas rúas.

Dende novembro do ano 2008 o noso Concello ven sufrindo unha importante transformación, cando se iniciaran as obras de reurbanización dos dous tramos da rúa Eduardo Vincenti. Logo se acometeu a reforma das rúas Francisco Escáneo e Alexandre Bóveda, no barrio da Banda do Río, barrio potenciado coa colocación de novos alumeados nas traveseiras e na rúa Rosalía de Castro.
Logo acometeuse a reurbanización da rúa Alfonso Rodríguez Castelao.
Nestes momentos nos atopamos rematando unha das rúas mais importantes: Johan Carballeira, que nos próximos días ofrecerá un cambio radical da súa configuración actual.

PLANO MUNICIPAL DE INFRAESTRUTURAS.

Pero este proxecto de cualificación non só se centra no que se ve, senón que tamén no que vai soterrado. A renovación integral dos servizos de abastecemento, de saneamento (en moitos casos moi precarios), e sobre todo a implantación das redes de pluviais ate o de agora inexistentes no noso Concello.

ACTUACIÓNS:
- Colector de pluviais na rúa Francisco Escáneo que desemboca no Can do Penedo atravesando a pista da Banda do Río.
- Colector de pluvias na rúa Alexandre Bóveda que desemboca na praia da Banda do Rio.
- Colector de pluviais na rúa Castelao.
- Colector de pluviais na rúa Johan Carballeira.
- Aliviadoiro no entorno da Praza de Abastos.
- Mellora na bacía do rio Bispo.
- Rede separativa na rúa do Muiño.
- Rede separativa na rúa Ramón Bares.
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029