Emprazamento xeográfico
A vila está integrada na Comarca do Morrazo, limitando ao sur coa vila de Cangas, ao leste coas de Marín e Moaña e ao oeste coa ría de Aldán. Ao norte da localidade atópase bañado pola ría de Pontevedra, onde se atopa a Illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O clima, de tipo oceánico, é moi agradabel, con invernos suaves e veráns cálidos.
Bueu está perfectamente comunicado mediante a estrada C-550 que o une á cidade de Pontevedra da que só dista 20 km. Para achegarse dende Vigo, pódese optar pola N-550 ou polo corredor de O Morrazo, que dispon de saídas para o resto da comarca ademais de dúas para Bueu, unha en dirección centro urbán e outra para acceder á parroquia de Beluso . Dende Cangas pódese chegar pola costa , existindo tamén a alternativa do interior a través da estrada autonómica P0-320.
Bueu sitúase a 35 km do aeroporto de Peinador, en Vigo, e a 76 do de Lavacolla, en Santiago, con fácil acceso a ambos pola autopista del Atlántico (AP9). Tamén se dispon de boas comunicacións coas estacións de autobuses e de ferrocarril de Vigo e Pontevedra, dende as que existen servizos regulares.

A vila
Bueu é unha vila costeira que supera os 12.000 habitantes, cunha extensión de 31 kilómetros cadrados dos cales aproximadamente 10 teñen carácter insular.
A súa principal fonte de riqueza é a pesca, mentras que os cultivos adícanse esencialmente ao autoconsumo. A pesca de arrastre foi desprazando á de ardora, para a que se utiliza ado cerco, que antano facía de Bueu un dos portos máis importantes polo seu impulso da industria conserveira.
A vila de Bueu estructúrase en tres parroquias: Santa María de Beluso, Santa María de Cela e San Martiño de Bueu.