Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Factura electrónica
Os proveedores que entregaran bens ou prestaran servizos ao concello poderán expedir e remitir factura electrónica a partir do 15.1.2015 nos termos previstos na lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, en base á entrada en vigor, con data 15 de xaneiro de 2015, do seu artigo 4, sobre obrigas de presentación de factura electrónica, prevista na disposición final oitava da citada norma.

En todo caso, quedan obrigados ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do punto xeral de entrada de facturas establecido para o concello de Bueu as entidades ás que fai referencia o artigo 4º da citada norma (entre outros, as Sociedades anónimas; Sociedades de responsabilidade limitada; Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española; Unións temporais de empresas) respecto das facturas polo importe superior a 5000 (cinco mil) euros, impostos engadidos.

A estes efectos, os códigos DIR3 do concello de Bueu, indispensables para a remisión de todas as facturas electrónicas deste concello, establecidos por resolución de alcaldía núm. 939/14 de 9.12.2014 (BOP núm. 6 de 12.1.2015), son:

Órgano xestor (OX): Xunta de goberno Local Cód. DIR 3 OX:L01360046
Unidade tramitadora (UT): Secretaría Cód. DIR 3 UT:L01360046
Oficina contable (OC): Intervención Cód. DIR 3 OC:L01360046
ENLACES
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029