Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Plan de Igualdade
As administracións locais, como marco de excelencia de convivencia cidadá, deben ser un motor fundamental para garantir a igualdade de oportunidades de mulleres e homes, co fin de mellorar o nivel e a calidade de vida das persoas e avanzar cara a unha sociedade máis democrática e xusta.

A tarefa de traballar pola igualdade efectiva entre mulleres e homes vense desenvolvendo no municipio, dunha maneira intensa, dende a elaboración e execución do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades para as mulleres de Bueu durante o período 2005-2008, que supuxo un primeiro paso para incorporar a transversalidade de xénero en todas as áreas municipais.

Este I Plan sen dúbida contribuíu a mellorar a situación das mulleres no municipio a través de accións concretas dirixidas fundamentalmente á eliminación das desigualdades no ámbito da educación, formación-emprego, cultura, participación social e política, ocio e deporte, saúde, conciliación da vida laboral e familiar e violencia de xénero. Non obstante malia os avances positivos acadados durante o desenvolvemento do plan, segue sendo necesario insistir na incorporación da perspectiva de xénero no conxunto das políticas e actuacións municipais, no impulso dunha liña de acción común nas diferentes áreas municipais e na necesidade de fortalecer os mecanismos de participación da cidadanía no impulso da igualdade.

Estes elementos constitúen os principios orientadores dos obxectivos e actuacións deste II Plan de Igualdade que pretenden responder ás necesidades detectadas na diagnose realizada sobre a situación das mulleres e homes no municipio, nos resultados da avaliación do plan anterior así como nas demandas expresadas polo persoal técnico, político e entidades sociais do municipio.

Este II Plan polo tanto, debe ter como obxectivos prioritarios avanzar na procura dunhas prácticas dirixidas a mellorar a situación social, económica e política da cidadanía así como, na asunción de responsabilidades, na sensibilización e formación do persoal político e técnico, co fin de implicar a toda a institución e responder no campo da igualdade os desafíos económicos, políticos e sociais dunha sociedade de principios do século XXI.

Sendo o principio reitor do noso plan a transversalidade de xénero, optamos por estruturar o plan en oito áreas de intervención, e un eixo transversal que se desenvolve a través de diferentes mecanismos, co obxectivo de conseguir cohesionar e garantir unha maior efectividade e operatividade na consecución da igualdade.
ENLACES
Inicio
O tempo
Galería de fotos
Perfil do contratante
Folla municipal
Eventos en Bueu
Praias
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Fundación Novas
Rede de DinamizaciónXunta de Galicia - Consellería de Economía e IndustriaGobierno de España - Ministerio de Industria, Trabajo y ComercioUnión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo RegionalPlan Avanza
© Concello de Bueu 2008. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029
Deseñada e desenvolta por Elecma