Benvidos á WEB OFICIAL DO CONCELLO DE BUEU
Benvido a esta fermosa vila costeira bañada polo Atlántico e arroupada polo verde dos seus montes, da que sen dúbida se levará un recordo inesquecibel. Bueu ofrécelle o aroma do seu mar, as historias dos seus monumentos, a beleza dos seus bosques, e as súas praias e un contacto directo coa amabilidade da súa xente.
A riqueza dos seus exquisitos mariscos e peixes, o saboroso polbo da Illa de Ons, o sabor das uvas en setembro e das filloas no Entroido, sen esquecernos da colleita do millo corvo (típico millo de cor negro), fan que cada época do ano sexa especial en Bueu.
Para disfrutar de todo isto e máis, veña e siganos. Acompañámoslle nunha viaxe chea de emocións, de lugares marabillosos para visitar e de espazos para coñecer. Páxina a páxina se irá adentrando na singularidade desta nosa vila mariñeira.